Se lle falases a alguén fai vinte anos de que os adolescentes pasan unha media de 4 horas diarias utilizando un móbil diríache que non é posible. Mais hoxe en día é unha realidade cada vez máis preocupante.
A maior parte de este tempo dedícanllo ás redes sociais (Instagram, TikTok, X, Youtube...) e non sempre lle dan un bo uso. As estadísticas expoñen que un 2,6% dos mozos son propiamente adictos, e un 15% fan un mal uso destas.
Os síntomas desta adicción son tan graves como as de calquera outra, causando problemas de saúde e dificultades do rendemento de aprendizaxe, entre outros como:
-Depresión -Aislamiento -Uso ininterrumpido
-Ansiedad -Dependencia -Negación do problema
Hai algunha solución?
Quero responder a esta pregunta dende a miña perspectiva, imaxinando que teño un fillo adicto ás redes sociais.
O meu fillo pasa a maior parte do tempo co móbil, nas redes sociais. Leva semanas sen saír de casa, só para ir ó colexio. En vez de estudar ou facer as súas tarefas tírase na cama có movil e apenas come xa.
Informeime e xa teño algunhas solución que podo levar a cabo:
1. Educar correctamente sobre o uso e os perigos das redes sociais
2. Establecer un tempo de uso
3. Limitar as notificacións
4. Facer planes no exterior e incitar a saír de casa e socializar
5. Borrar as aplicación se é necesario
6. Se é un problema grave buscar axuda profesional
Espero que vos haia servido e poidades reducir os riscos de adicción as redes sociais.